O consello da Xunta informou que Galicia será unha das primeiras comunidades autónomas en dispoñer dun Censo de solo empresarial global, exhaustivo e actualizado

O consello da Xunta informou que Galicia será unha das primeiras comunidades autónomas en dispoñer dun Censo de solo empresarial global, exhaustivo e actualizado, co fin de facilitar información sobre as posibilidades de asentamento ás empresas que elixan a Comunidade galega como centro de desenvolvemento da súa actividade e para fomentar riqueza e emprego.

O Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre as consellerías de Cultura e Turismo e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, para a elaboración do formulario da candidatura a Patrimonio Natural Mundial de Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

more recommended stories