O Concello de Boiro presentou esta mañá o campus de baloncesto que se organizará a finais de xuño no municipio polo club santiagués da acb, o Monbus Obradoiro

Centos de rapaces e rapazas poderán desfrutar do 24 ao 29 de xuño do campus do club Monbus Obradoiro que se desenvolverá no municipio boirense. Esta mañá membros de dita entidade, acompañados de representantes de Jealsa e do Club Santa Baia, ademais da presencia Juan José Dieste presentaron o evento que acollera a mozos e mozas de entre 6 e 18 anos.