Nos últimos días de lexislatura os alcaldes rematan coa sinatura de convenios logrados tras meses de traballo

Semana intensa, así cualifica o rexedor ribeirense os últimos días de lexislatura, na que se apuran o peche dos convenios negociados ao longo de semanas e meses, un de estes convenios é o asinado esta mesma mañá coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda , e grazas ao cal a consellería colaborará técnica e economicamente na construción dun novo auditorio municipal, un proxecto que busca mellorar os espazos urbanos e os equipamentos culturais existentes neste concello coruñés.