Galicia mobilizará máis de 5m€ para mellorar os parques empresariais de 51 concellos, dos que 32 son emprendedores

A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas.

En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.
Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga , xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos -dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais-.

more recommended stories