O Servizo de Gardacostas de Galicia cederá en propiedade un motor foraborda á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal para a realización de labores de vixilancia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde pola que o Servizo de Gardacostas de Galicia cederá en propiedade un motor foraborda á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal para a realización de labores de vixilancia no seu ámbito territorial e a colaboración en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

Trátase do primeiro de varios motores que o organismo dependente da Consellería do Mar prevé entregar nos próximos meses a distintas entidades sen ánimo de lucro despois de que fosen retirados do servizo e substituídos por outros máis modernos.