O concello de Ribeira recibiu onte ás tres futbolistas ribeirenses que participaron coa selección galega no Campionato de España de Fútbol sub 12

O alcalde Manuel Ruiz recibiu na tarde de onte a tres rapazas riveirenses que veñen de participar coa Selección Galega no Campionato de España de Fútbol sub12 celebrado entre os días 1 e 3 de maio en Mislata (Valencia).

Trátase de Yaiza García Pérez, Laura Santos e Laura Ruiz, que acudiron ao salón de plenos do Consistorio arroupados por numerosos familiares, amigos e compañeiros na práctica do balompé (unha delas xoga no Atlético Riveira, outra no Xuventú de Aguiño e outra no Oroso).