O Concello de Ribeira acaba de dar luz verde a un acordo coa Fundación Ronsel para proporcionar asesoramento e formación grupal gratuítos a emprendedores do municipio

O Concello de Ribeira acaba de dar luz verde a un acordo coa Fundación Ronsel para proporcionar asesoramento e formación grupal gratuítos a emprendedores do municipio. Así se aprobou na última xunta de goberno local.

Nacida no 2000, a Fundación Ronsel é unha entidade benéfico-docente inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas e fomentar a súa inserción sociolaboral.