O rexedor de Ribeira, Manolo Ruíz, salientou que unha das principais apostas dende a corporación nestes anos foi o incremento das axudas nas políticas sociais

O alcalde ribeirense, Manolo Ruíz, fixo especial fincapé nos servizos sociais do Concello. Ruíz considerou que dende a corporación municipal fíxose unha aposta clara por esta área, onde segundo sinalou, aumentáronse as axudas a asociacións locais así como as horas de atención aos máis maiores, pasando de 24 mil horas a sesenta mil.