200 rapaces e rapazas de 11 grupos de teatro actuarán na mostra de teatro infantil de Ribeira

200 serán os pequenos actores e actrices que se subirán as táboas no auditorio de Ribeira na vixésimo segunda edición da mostra de teatro infantil.

Ademais do grupo infantil municipal de teatro de Ribeira, contarase coa participacion dos grupos de teatro dos colexios de Ribeira, A Milagrosa, Galaxia, O Grupo e Bayon, ademais do grupo de teatro da ANPA Bandaseca e a Anpa de Cadreche da Pobra,, así como a agrupación Teatrando Alecrin de Lousame.