Ángeles Vázquez salienta que a nova Lei de patrimonio natural porá en valor a riqueza ecolóxica e a calidade ambiental e paisaxística dos concellos galegos

Ángeles Vázquez, salientou qesta mañá que a nova Lei de patrimonio natural porá en valor a riqueza ecolóxica e a calidade ambiental e paisaxística dos concellos galegos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá nunha acción de concienciación ambiental cun grupo de escolares, con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, onde trasladou que no caso concreto do Concello de Foz, destaca a súa ría -declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluída na Rede Natura 2000, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e declarada tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA); o río Masma, declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na Rede Natura 2000, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC); e o río Ouro, declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na Rede Natura 2000, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).