Corte temporal da auga na medianoite para facer o entronque da nova liña de abstecemento á rede xeral no Malecón

Infórmase de que mañá martes ás doce da medianoite cortarase a auga no Malecón co obxecto de realizar o entronque da nova liña de abastecemento alí construída á rede xeral, substituíndo as antigas tuberías de fibrocemento por outras de fundición dúctil de 350 milímetros de diámetro.

Está previsto que este corte dure como máximo ata as 6 da madrugada, se ben de non haber imprevistos podería ter concluído en torno ás tres da mañá.

more recommended stories