Centos de persoas asistiron onte ao mitin do Partido Popular en Ribeira

O candidato do PP ribeirense, Manuel Ruíz, contou onte co apoio de centos de simpatizantes e militantes, nun mitin no que estiveron presentes os grandes líderes do partido. Tanto Pablo Casado coma Alberto Nuñez Feijóo asistiron a cidade de Ribeira para arroupar a Ruíz.

O presidente do PP en Galicia comezou intervindo no acto. Feijóo sinalou que é necesario concentrar o voto no Partido Popular para evitar así, segundo sinalou, a paralización de Ribeira e que o PP é a única alternativa para frear ao socialismo e ao nacionalismo.