O Barbanza festexou o galego na Romaría das letras

Por noveno ano a romaría das letras organizada pola asociación cultural Barbantia coa colaboración do concello de Boiro foi todo un éxito. Numerosas persoas achegáronse o venres ata o parque da Cachada para desfrutar dos actos programados co gallo do dia das letras galegas.