O conxunto boirense despediuse da competición cunha vitoria a domicilio fronte o Choco por 1 a 2

Vitoria do Boiro para despedirse da terceira división. Os do Barbanza conseguiron impoñerse a domicilio fronte ao Choco por 1 a 2. Desta maneira os boirenses din adeus a unha tempada marcada polo seu descenso á Preferente Norte, onde competirá para vindeira tempada co Puebla e seguramente co Noia.