Éxito rotundo no Torneo Internacional Concello de Rianxo

Máis de 1500 rapaces participaron este fin de semana no Torneo Internacional Concello de Rianxo. A localidade rianxeira foi o lugar onde clubs internacionais e nacionais se deron cita para intentar recadar os máximos fondos posibles a favor da asociación Aladina, que loita contra o cancro.