O alcalde de Ribeira falou onte sobre a obra na travesía de Palmeira diseñada pola Fundación RIA

O rexedor ribeirense, Manuel Ruíz puxo en valor a obra que se efectuará na parroquia de Palmeira, onde se pretende a humanización do lugar para conseguir unha maior integración entre o mar e a zona urbana.

Sinalou que este proxecto diseñado pola Fundación RIA, liderada por David Chipperfield, continua cos pasos acordados pola corporación. A transformación coa travesía de Palmeira reducirá a velocidade máxima no tramo urbano a 30 quilómetros por hora.

more recommended stories