O concello de Ribeira recibe unha subvención para a renovación da cuberta do pavillón de Sirves

A axuda para a renovación da cuberta no pavillón polideportivo de Sirves é concedida por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ao amparo da orde de 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O importe da subvención ascende a 38.371 euros para un proxecto que ten un orzamento total de 54.817 euros, IVE incluído.

more recommended stories