A Federación Galega de Confrarías envía un escrito á Seguridade Social e ao Ministerio de traballo para coñecer como afecta á pesca artesanal o rexistro da xornada laboral

Dende a entrada en vigor o pasado luns da obriga de rexistrar as xornadas laborais son moitas as dúbidas que xorden entre traballadores e empregados, mais tamén é destacada a incertidume en moitos sectores, este é o caso do sector da pesca, que non se rixe por horarios, nen tampouco por salarios fixos, senón proporcionais a pesca de cada dia.

Dende a Federación Galega de Confrarías amosáronse preocupados por esta situación, e xa enviaron un escrito á Seguridade Social e ao Ministerio de traballo para coñecer como afecta esta situación a pesca artesanal.

more recommended stories