Medio Ambiente e empresarios da construción colaborarán para fomentar a rehabilitación e difundir as axudas públicas existentes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) colaborarán este ano co fin de divulgar as diferentes liñas de axudas en materia de rehabilitación que a Xunta de Galicia pon a disposición de empresas, particulares e comunidades de propietarios. Este compromiso plasmouse esta mañá coa sinatura dun convenio entre ambas entidades, que veñen colaborando neste sentido desde o ano 2012.