O Boiro despedirase este fin de semana da terceira división

A terceira división rematará este fin de semana. O Boiro igualmente diralle adeus a competición xa que na vindeira tempada estará na Preferente Norte. O conxunto boirense quere despedirse cunha vitoria fronte ao Choco a domicilio. Despois dunha tempada complicada para os do Barbanza, queren sumar tres puntos que os fagan irse da mellor maneira posible.