Na Preferente Norte, penúltima xornada para o Noia e O Puebla que xogarán a domicilio os seus respectivos encontros

O Noia e o Puebla disputarán este fin de semana unha xornada máis na preferente norte. A penúltima desta competición que está preto de rematar aínda que quedan obxectivos en xogo. O conxunto noiés segue crendo na posibilidade de ascenso directo.

Por outra banda, o Puebla quere seguir escalando postos na clasificación. Para elo deberá vencer ao San Tirso a domicilio, que se atopa décimo cuarto, dous postos por debaixo do conxunto do Barbanza.