O PPdeG afirma que a Xunta ten previsto iniciar nas vindeiras semanas a rexeneración dos terreos afectados polos incendios de Rianxo e Dodro

O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “ten previsto iniciar nas vindeiras semanas os traballos de protección, restauración e axuda á rexeneración das masas e superficie forestal afectada polos incendios forestais acaecidos en Rianxo e Dodro a finais do mes de marzo”.

Blanco salientou que Galicia “xa conta con lexislación para a ordenación e a xestión forestal”, polo que rexeitou “realizar modificacións lexislativas por casuísticas particulares como as que aconteceron neste incendio forestal”.