O prezo medio do polbo en lonxa bateu récords en 2018 e xerou ingresos por máis de 18 millóns de euros

A dous días do peche da campaña do polbo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo o valor socioeconómico dos cefalópodos en Galicia, onde no 2018 se comercializaron en lonxa máis de 4.400 toneladas deste grupo de especies cunha facturación de preto de 30 millóns de euros.

Desas vendas, 1.900 toneladas e 18 millóns de euros corresponderon só ao polbo, que marcou o seu mellor prezo medio da serie histórica, que se remonta a 2001, con 9,73 euros o quilo.

more recommended stories