Feijóo destaca que a colaboración institucional entre a Xunta e o Concello de Arteixo facilitará a Estrella Galicia facer unha reserva de solo no Polígono de Morás

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Arteixo e a empresa Hijos de Rivera S.A. facilita que esta compañía faga unha reserva de solo no Polígono de Morás.

Neste caso en concreto, salientou que é posible grazas ao desenvolvemento do Parque Empresarial de Morás, contemplado no Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia que foi aprobado en 2014 e que ofrece incentivos para o asentamento empresarial.

more recommended stories