A Xunta limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas aos xa existentes ou con solicitude en tramitación

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que a Administración autonómica limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas aos xa existentes ou con solicitude en tramitación. Deste xeito, quedarían como máximo 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas.

O obxectivo desta medida, que anunciou hoxe na Comisión do Xogo de Galicia e que é froito dun intenso diálogo, é pechar o mercado ante a próxima publicación da nova Lei na materia e evitar así que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e poñer en marcha novas instalacións.

more recommended stories