O arcebispado de Santiago e o concello de Boiro asinan un acordo polo que se ceden ao concello 45,000 m2 de terreo na parroquia de Abanqueiro que será destinado a deporte e ocio.

O acordo rubricado esta mañá na casa consistorial consiste na cesión do terreo por parte do Arcebispado de Santiago para a construcción dun campo de herba artificial e unha zona de ocio para a veciñanza, asi como a restauración da casa rectoral, unha das mais destacadas de Galicia, asi o afirmou o rexedor.