O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, puxo en valor os servizos sociais do municipio

Os Servizos Sociais no concello de Porto do Son continúan co bo funcionamento. Así o afirmou o seu alcalde, Luís Oujo. O rexedor sinalou que dende a corporación municipal continúan tendo unha aposta clara polos servizos sociais. Puxo en valor igualmente as funcións do centro de día así como o servizo de axuda a domicilio.