Ana Pontón pon o goberno de Adolfo Muíños en Rianxo como exemplo dun modelo BNG a favor das persoas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coñeceu de primeira man un proxecto de vivenda social do Goberno local de Rianxo, ao que puxo como exemplo de como o modelo municipal do BNG transforma en positivo mellorando a vida das persoas.