Feijóo constata o potencial de crecemento do sector vitivinícola e anima a seguir impulsando o futuro do rural galego

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe, durante unha visita ás novas instalacións no Pazo de Toubes da adega Viña Costeira, o potencial de crecemento do sector vitivinícola e animou a seguir impulsando o futuro do rural galego.

Feijoo destacou estas instalacións como reflexo do potencial de crecemento dos viños galegos non só pola súa produción senón tamén polo interese que xera a cultura vitivinícola”, aseverou, lembrando que esta adega conta con 528 socios e 300 provedores, tendo un papel esencial no conxunto de industrias inscritas no Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

more recommended stories