Na copa da Costa, o Volantes de Baños xunto co Mazaricos, Monte Louro e Esteirana seguen adiante na competición

Unha das competicións con máis seguidores do fútbol afeccionado continuará esta semana cos encontros dos oitavos de final. A Copa da Costa contará coa representación do Volantes de Baño, o Mazaricos, a Esteirana e o Monte Louro. Por unha banda o Mazaricos rematou goleando ao Cee por un total de 5 a 1 mentres que o Esteirana impuxose por un contundente 1 a 6 ao Sporting Seaia.