O Club Natación Boiro obtivo un bronce no Campionato Galego de Triatlón por Equipos

Éxito no Campionato Galego de Triatlón por Equipos para o Club Natación Boiro tras acadar un bronce nesta proba que se desenvolveu en Vilagarcía. Ademais, os boirenses conseguiron un fantástico cuarto posto do equipo Open.