Máis de 100 nenos e nenas de Muros coñecen os nutrintes das conservas de produtos do mar co programa ‘ponlle as pilas ao teu bocata’

As conselleiras do Mar, Rosa Quintana, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañaron hoxe ao alumnado do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez no obradoiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata.

A través deste programa máis de 100 alumnos e alumnas deste colexio muradán aprenderon contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar, coñeceron as distintas formas de presentación e os tipos de recipientes e realizaron bocadillos a base de conservas.

more recommended stories