O PP de Lousame presentou o venres a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais

O Restaurante o Trapeiro foi o lugar escollido polos populares de Lousame para presentar a súa candidatura e o seu programa das eleccións municipais do 26 de maio a veciñanza da localidade.

As intervencións no acto comezaron por parte da número 3 da lista, Silvia Agrafojo, que salientou a figura da candidata a alcaldía, Teresa Villaverde. Sinalou que a actual alcaldesa é unha traballadora preocupada polos problemas veciñais e loita diariamente por darlle solución