Derrota do Boiro en Barraña tras caer 1 a 3 contra o Bergantiños

Barraña despediuse da terceira división cunha derrota para o seu conxunto. O Boiro non puido puntuar no seu último encontro coma local esta tempada. Os boirenses foron por detrás no marcador dende os primeiros minutos de partido, xa que o Bergantiños púxose 0 a 2 antes do minuto dez.