A Casa da Cultura de Lousame acollerá ata o 2 de xullo a exposición de pintura “Mirada al mar”, de Marisa Redondo

A artista vilagarciá Marisa Redondo Sayáns inaugurará mañá sábado 11 de maio, ás 13:00 horas, a exposición de pintura “Mirada al mar”, que poderá visitarse na Casa da Cultura de Lousame ata o vindeiro 2 de xullo. Unha mostra que inclúe 26 cadros, de técnica mixta sobre lenzo, e que teñen o mar como vínculo común a todos eles, con postas de sol, barcos navegando, cidades reflectidas nas súas augas…

more recommended stories