O rexedor sonense, Luís Oujo, acudiu onte a parroquia de Xuño para reunirse cos técnicos que están a traballar para a futura realización da rotonda

O rexedor sonense, Luís Oujo, acudiu onte a parroquia de Xuño para reunirse cos técnicos que están a traballar para a futura realización dunha rotonda, que permita rematar coas retencións e mellorar igualmente a seguridade viaria neste punto de gran afluencia de vehículos, debido aos distintos puntos de interese que están próximos. Oujo sinalou que, esta demanda da veciñanza do lugar, poderá verse realizada no vindeiro ano antes da chegada da época estival.

more recommended stories