O Centro Empresarial da Construción do Barbanza vai a realizar o vindeiro mércores un foro que tratará temas como as obrigas e dereitos dos promotores

O primeiro foro clave construtiva 2019 vai ter lugar o vindeiro 15 de maio no centro empresarial da construción do Barbanza. Este evento contará con actividades relacionadas co mundo do sector. Trataranse temas como as obrigas e dereitos dos promotores na execución dunha obra ou a eficiencia enerxética.

O presidente deste centro empresarial, José Manuel Dios Tomé, asegurou que un dos principais obxectivos do foro é o de buscar solucións xunto coa administración e para dar a coñecer os principais dereitos e obrigas.