Os mariscadores de a flote da Pobra iniciaron esta semana a campaña marisqueira

Nestes primeiros dias o resultado da campaña está a ser moi positivo en canto a capturas, non tanto no referente aos prezos. Uns 60 mariscadores traballan denden onte na zona norte, na Ribeiriña. Alí os topes estanse a tomar ben de momento, peor resultado auguran os bancos marisqueiros de Raposiños e o Areal.