O PP de Noia presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións

O teatro Coliseo Noela foi o lugar escollido polo Partido Popular para presentar a súa candidatura á alcaldía de Noia. No acto interviñeron varios dos membros do partido e comezou facendo unha das novas caras e número 3 da lista dos populares.

Santiago Freire, candidato a alcaldía foi o encargado de pechar o acto, puxo en valor o traballo realizado nos últimos tres anos, aínda que sinalou que ao non ser un mandato completo hai certos traballos que non puideron verse materializados.