O Partido Socialista da Pobra presentou a súa lista, encabezada por Patricia Lojo

O Museo Valle Inclán foi testemuña este sábado da presentación da lista do PSOE da Pobra para as vindeiras eleccións. A renovación é unha das características máis destacadas do equipo socialista.

No acto, a súa candidata, Patricia Lojo, sinalou que son un equipo cheo de ilusión disposto a cambiar o rumbo da Pobra do Caramiñal para que medre. Tamén expuxo algunhas das ideas a número 2 Laura Bautista, salientando que afrontan este novo reto con gañas de cambiar e de mellorar a vila.