O PP de Rianxo presentou onte a lista oficial para as eleccións municipais do 26 de maio

O auditorio de Rianxo foi o lugar escollido polo Partido Popular da localidade para presentar oficialmente a súa lista para a alcaldía de Rianxo. Decenas de persoas acudiron a un acto que estivo encabezado por Rosa Quintana, onde tamén estivo presente o candidato a alcaldía, Germán Allut.