A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación definitiva do programa de limpeza de praias 2019, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “o programa contribuirá, un ano máis, á mellora da imaxe de máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano”.

more recommended stories