A Policia local de Rianxo detivo a un veciño de esta localidade de 67 anos de idade por un presunto delito de desobediencia, resistencia, ameazas, desconsideración e suborno a axentes da autoridade, ademais de danos causados nun vehículo policial.

Os feitos producíronse sobre as 19.15 horas, cando o home, en estado ebrio, estaba alterando o orde dentro de establecementos hostaleiros situados na urbanización A Martela (Rianxo).

Cando os axentes de servizo fixeron presenza no lugar, dito individuo reaccionou de forma moi alterada, proferindo insultos e amezas ós axentes, negándose a identificarse, e intentando agredir a un dos actuantes, polo que se procedeu a súa detención á que se resistiu activamente.