Rianxo contou no día de onte coa ofrenda e homenaxe aos 48 rianxeiros que perderon a vida no mar

Os 48 mariñeiros de Rianxo que perderon a vida no mar, dende a Costa da Morte, pasando polo Gran Sol ou en Augas do atlántico, foron homenaxeados como cada 1 de maio na localidade rianxeira. Alí, varias persoas, veciños e veciñas e familiares dos falecidos reuníronse para realizar unha ofrenda floral e recordalos un ano máis.