Barbantia presentou en Rianxo o libro Liñas Compartidas

O libro Liñas Compartidas foi presentado este pasado fin de semana no Concello Rianxeiro, un volume que está formado por múltiples textos realizados polas persoas que participaron no obradoiro de escrita creativa que se desenvolveu tempo atrás en Rianxo.

Algúns dos asistentes ao acto foron persoas que participaron no obradoiro ademais de Antón Riveiro, escritor que impartiu o seminario ou Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.