A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 45 mil euros a redacción dos proxectos técnicos para a construción das Sendas dos Faros

A adxudicación da a redacción dos proxectos técnicos para a construción das Sendas dos Faros supón inicio da redacción dos proxectos de obra de sendas ciclables que conectarán 11 faros das comarcas de Ferrolterra, Ortegal, Costa da Morte e Muros cos seus núcleos de poboación máis cercanos.

Os faros obxecto do proxecto serán varios, entre os que se atopan os de Cabo Touriñán (Muxía), Fisterra, Lariño en Carnota e Punta Queixal en Muros, nos que se deseñarán un total de 59,6 quilómetros de itinerarios de sendas ciclistas apoiados na rede viaria existente e cun ancho aproximado de 2 metros.

more recommended stories