A Xunta impulsa novas accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural


A Xunta de Galicia presentou un novo convenio de colaboración para loitar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito rural. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asinaron hoxe este convenio, no acto estiveron acompañados pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.
A Xunta reafirma así o seu compromiso por seguir traballando para potenciar o papel da muller no agro e loitar contra a violencia de xénero, moi especialmente entre o rural e a mocidade, dous ámbitos onde os estudos constatan que é necesario facer máis fincapé.

more recommended stories