Pontón anunciou en Boiro que o BNG defenderá un convenio que non discrimine ás traballadoras da conserva


Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, pediu onte o voto ao seu partido no mitin de Boiro para defender ao sector pesqueiro. Pontón considerou que nos despachos de Madrid se deben deixar de tomar decisións en contra dos intereses do sector pesqueiro e d@ traballador@s do mar”, “Imos marcar a diferencia a favor deste país nun Congreso sen maiorías absolutas no que cada voto conta, e os votos dos deputados e deputadas do Bloque servirán para que Galiza conte e para frear a involución desa dereitona que nos quere levar ao pasado”, proclamou.