O Jealsa Boiro proclamouse campión galego infantil


O Jealsa Boiro segue coa súa boa racha. O equipo infantil proclamouse campión galego tras vencer ao Oleiros no pavillón da Cachada por un resultado de 3 a 1. Os xuvenís do Jealsa Boiro lograron igualmente fai días o título xuvenil e os cadetes están pendentes de disputalos. O equipo infantil deberá agora disputar o Campionato de España, que se celebrará en Cartaxena do 15 ao 19 de maio