Rosa Quintana destaca o resultado da campaña marisqueira de Noia que rematou cuns ingresos de máis de 17 millóns de euros


Rosa Quintana destaca o resultado da campaña marisqueira de Noia que rematou cuns ingresos de máis de 17 millóns de euros . Dentro do marisqueo salientou o protagonismo do berberecho, que supón máis do 70% das capturas, con máis de 1.600 toneladas descargadas, e máis do 60% do valor económico, con preto de 11 millóns de euros. En relación a esta especie tamén fixo fincapé no labor da confraría de Noia, a través do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Costa Sostible, para dotar de valor a esta especie a través dun selo de calidade.